17/6/11

Charlas do 15 J

Urbanismo na cidade da Coruña



O movemento 15-M da Coruña celebrou onte o primeiro mes de acampada na praza 15 de Maio con numerosas actividades que comenzaron ás 10 da mañá e se prolongaron ata a medianoite.
Un dos actos centrais foi a asemblea temática sobre urbanismo e especulación inmobiliaria na que participaron o profesor e arquitecto Xosé Allegue e o voceiro de Ergosfera (Asociación Universitaria de Estudantes de Arquitectura) Iago Carro. Ámbolos dous insistiron na necesidade de recuperar a participación da cidadanía nas decisións sobre o desenvolvemento urbano de maneira que as políticas de urbanismo non fiquen "capturadas" polos intereses finacieiros.
Iago Carro suliñou a importancia de implementar ferramentas de comunicación que permitan unha maior transparencia nas decisións e operacións urbanísticas e avogou por un modelo de cidade inclusivo, un marco no que poidan dialogar tódalas subxetividades diversas que compoñen a paisaxe urbana.
Xosé Allegue centrou a súa intervención na corrupción urbanística. Segundo o arquitecto, os procesos especulativos só poden producirse cando existe un monopolio na toma de decisións, cando se decide discreccionalmente e cando non hai transparencia no proceso. En contra disto, reclamou políticas de servizo público que contribúan positivamente á democratización da vivenda e da mobilidade e que respecten o patrimonio urbano.


Alternativas ecolóxicas a algúns productos ofertados polo mercado

Unhas horas antes, o químico Carlos Veira repasou algúns dos productos naturais que se poden utilizar como alternativa ós productos comercializados. Durante a súa exposición explicou como fabricar artesanalmente xabrón a partir da herba xaponaria, ó tempo que advertiu do perigo dalgúns compoñentes que se atopan nos dentífricos e xampús, como o benceno ou metais pesados. Tamén propuxo algunhas alternativas ós somníferos e antidepresivos.




1 comentario:

  1. Un gran tipo y muy culto. Algunos pensarán que está loco por decir que tenemos que hacer nuestra propia pasta de dientes; yo pienso que tienen mucha sabiduría sus palabras.

    NOS ESTÁN ENVENENANDO!!!

    ResponderEliminar