3/5/12



GALEGO

O 15 de maio do 2011, millóns de persoas comezamos un proceso de cambio social, dando unha sinal clara e inequívoca de que non somos mercadoría en mans de políticos e banqueiros, expresando de maneira pública e masiva a nosa refusa a unhas institucións democráticas xa caducas. Durante todo ese ano a marea recorreu o planeta. Dende Túnez á Praza Tahrir, dende Madrid a Reijkiavik, dende Nova York a Bruselas, os pobos do mundo alzáronse, na Primaveira Árabe, na dignidade islandesa, na indignación do pasado 15 de Maio ou na Ocupación de Wall Street. Todos unidos denunciamos o estado actual do mundo e comezamos a camiñar xuntos

 En España, uns e outros gobernos (PPSOE) non propuxeron máis alternativa cá perda de dereitos adquiridos tras longas loitas, ou a renuncia a sequera desfrutalos algunha vez. Encontrámonos ante unha xeración que ve os seu mundo desaparecer, e outra, máis xove, que ve como nunca vivirán neses mundos prometidos. E namentres este 99% da poboación mundial empobrece, o 1%, dono de mercados e grandes fortunas (e con ilo, de gobernos), segue enriquecéndose cunha crise da que son os principais responsables.

Tras un ano voltamos, si, pero xa non só para protestar. Seguiremos apuntando ós verdadeiros causantes da crise, as súas políticas e as súas mentiras criminais disfrazadas de retórica baldeira. Non esquecemos. No perdoamos. Pero sabemos que as solucións xa non poden ser esixidas a gobernos corruptos, senón que teñen que ser construídas entre todos e todas. Esiximos un novo poder constituínte para recuperala democracia que nos pertence. Por iso, o 12 e 15 de maio volvemos ás rúas cunhas esixencias lexítimas e maioritarias convocando mobilizacións por todas partes, un ágora onde retornar a vernos as caras , unha folga de consumo, etc.

Estas son as nosas razóns:

1. Nin un euro máis para rescatar ós bancos. Auditoría cidadá da débeda. Non pagaremos a débeda ilexítima creada por aqueles que provocaron a crise.

 2. Defensa dos bens comúns como a sanidade e a educación. Non ós recortes do gasto público, non á privatización dos servizos públicos, e fomentar a creación de institucións pro-común.

 3. Reparto xusto do traballo, salario digno e non á precariedade. Non á xubilación ós 67 anos e retirada da Reforma Laboral.

 4. Dereito garantido ó acceso a unha vivenda digna. Dación en pago retroactiva. Parque de vivendas de aluguer social. Promoción de cooperativas de vivenda.

 5. Reforma fiscal que permita a distribución de forma xusta da riqueza que producimos entre todos e todas. Renta Básica universal para tódalas persoas.

 6. Defensa dos dereitos e liberdades civís. Defensa dós dereitos de reunión, manifestación, folga, asociación, etc.

 7. Reforma Xudicial. Derogación das novas tasas xudiciais e cambio do sistema fiscalizador do estado, promovendo un sistema xudicial mais eficiente e independente.

 8. Democracia real, transparente e participativa. Cambio no sistema electoral cara a un máis representativo e xusto.

CASTELLANO

El 15 de mayo del 2011, millones de personas empezamos un proceso de cambio social, dando una señal clara e inequívoca de que no somos mercancía en manos de políticos y banqueros, expresando de manera pública y masiva nuestro rechazo a unas instituciones democráticas ya caducas. Durante todo ese año la marea recorrió el planeta. Desde Túnez a la Plaza Tahrir, desde Madrid a Reijkiavik, desde Nueva York a Bruselas, los pueblos del mundo se han alzado, en la Primavera Árabe, en la dignidad islandesa, en la indignación del pasado 15 de Mayo o la Ocupación de Wall Street. Todos unidos hemos denunciado el estado actual del mundo y hemos empezado a caminar juntos.

En España, unos y otros gobiernos (PPSOE) no han propuesto más alternativa que la pérdida de derechos adquiridos tras largas luchas, o la renuncia a siquiera disfrutarlos alguna vez. Nos encontramos ante una generación que ve como sus mundos desaparecen y otra, más joven, que ve como aquellos mundos que le prometieron nunca llegarán. Y mientras que este 99% de la población mundial se empobrece, el 1%, dueño de mercados y grandes fortunas, y con ello, de gobiernos, sigue enriqueciéndose con una crisis de la que son los principales causantes.

Tras un año volvemos, sí, pero ya no sólo para protestar. Seguiremos apuntando a los verdaderos causantes de la crisis, a sus políticas y a sus mentiras criminales disfrazadas de vacía retórica. No olvidamos. No perdonamos. Pero sabemos que las soluciones ya no pueden ser exigidas a gobiernos corruptos, sino que tienen que ser construidas entre todos y todas. Exigimos un nuevo poder constituyente para recuperar la democracia que nos pertenece. Por eso, el 12 y 15 de mayo volvemos a la calle con unas exigencias legítimas y mayoritarias convocando movilizaciones por todas partes, un ágora donde volver a vernos las caras, una huelga de consumo, etc.

Estas son nuestras razones:

1. Ni un euro más para rescatar a los bancos. Auditoría ciudadana de la deuda. No pagaremos la deuda ilegítima creada por aquellos que provocaron la crisis.

2. Defensa de bienes comunes como sanidad o educación. No a los recortes del gasto público, no a la privatización de los servicios públicos. Creación de instituciones pro-común.

3. Reparto justo del trabajo, salario digno y no a la precarización. No a la jubilación a las 67 y retirada de la Reforma Laboral.

4. Derecho garantizado al acceso a una vivienda digna. Dación en pago retroactiva. Parque de viviendas de alquiler social. Promoción de cooperativas de vivienda.

5. Reforma fiscal que permita distribuir de forma justa la riqueza que producimos entre todos y todas. Renta Básica universal para todas las personas.

6. Defensa de los derechos y libertades civiles. Defensa de los derechos de reunión, manifestación, huelga, asociación, etc.

7.Reforma Judicial. Derogación de las nuevas tasas judiciales y cambio del sistema fiscalizador del estado, promoviendo un sistema judicial más eficiente e independiente.

8. Democracia real, transparente y participativa. Cambio en el sistema electoral cara a uno más representativo y justo.