27/12/11

Manifestación en solidaridad con los manteros por recientes agresiones policiales

El jueves 29 de Diciembre de 2.011 a las 20 h está convocada una manifestación de apoyo a los manteros agredidos por la policía que saldrá de la Plz. de Mª Pita en dirección al Obelisco de la Plz. 15 de Mayo.

Puedes consultar y apoyar el evento en Facebook AQUI. Difúndelo entre tus vecinos y conocidos. Gracias.

NOTA DE LA "ASOCIACION SEN PAPEIS DA CORUÑA"

A ASOCIACIÓN SEN PAPEIS DA CORUÑA AMOSA O SEU TOTAL REXEITAMENTO ANTE OS ABUSOS POLICIAIS:

O sábado 17 de decembro ás 18.30 na rúa Real axentes de paisano procederon a deter a un senegalés que se adica á venda ambulante. Segundo algunhas das persoas alí presentes a detención tivo lugar sen que o detido ofrecera resistencia e cunha brutalidade e violencia imposibles de xustificar. Incluso algunhas persoas chegaron a enfrontarse á Policía para que deixara de dar ese trato desproporcionado ao detido. Convén destacar que un dos policías de paisano implicado foi o mesmo que o día 4 de agosto deste ano apuntou no Cantón Grande coa súa arma a un senegalés sen
que este opuxera resistencia ou estivera cometendo delito algún.

Desde a Asociación Sen Papeis levamos meses denunciando ante as distintas Administracións, a Policía Local, os medios de comunicación e a sociedade a situación de acoso e desprotección na que se atopan as persoas adicadas á venda ambulante na cidade da Coruña. Consideramos que non se pode culpar a un colectivo, xa de por si vulnerábel e que só busca a upervivencia, da crise do pequeno comercio e dunha suposta competencia con este. Antes ben, entre outros aspectos, debemos achacar esta situación a un contexto xeral de recesión, crise de modelo comercial, falta de planificación e apoio municipais e a presenza de grandes centros comerciais do consumo controlados por poderosas multinacionais e o gran capital.

A falta de seguimento da normativa, a inutilización dos procedementos de garantía aos intervidos, o emprego de axentes “de paisano” (para actividades para as que non están permitidos), ameazas, detencións ilegais derivadas de infraccións administrativas, subtraccións non documentadas... son prácticas habituais na Policía Local da Coruña fronte a este colectivo.

Por iso, como xa temos feito noutras ocasións, desde a Asociación Sen Papeis da Coruña:

- manifestamos a nosa total repulsa diante destes abusos e actuacións policiais desproporcionadas, algo que faremos todas as veces que faga falta e polos medios que consideremos necesarios.

- esiximos a ruptura da Policía Local con estas prácticas ilegais, e a volta ao emprego de medios e procedementos adecuados á Lei.

- reclamamos do goberno municipal que retome a vía da legalidade e que investigue estas actuacións policiais, e que rache coas políticas de confrontación como medio de solución desta situación, apostando por instrumentos de comunicación, participación cidadá e cooperación.

Sabemos que ningunha persoa é ilegal, e sabemos que ninguén sobra nunha crise!!

VÉMONOS O XOVES 29 DE DECEMBRO NAS RÚAS EN SOLIDARIEDADE CAS PERSOAS MIGRANTES; SOBREVIVIR NON É DELITO NIN COMPETENCIA DESLEAL!!!
Percorrido: dende Mª Pita ata o Obelisco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario