14/6/11

Cooperativismo



TINO GAGO: “SEN COPERACIÓN NON SERIAMOS O QUE SOMOS. É O MOMENTO DE QUE A DEMOCRACIA CHEGUE A EMPRESA”


Ruben e Pilar Duarte (Grupo Ninja)
O representante de UGACOTA (Unión Galega de Coperativistas de Traballo Asociado) Tino Gago ofreceu onte, na praza 15 de Maio, unha charla sobre cooperativismo e democracia na empresa. Durante a súa ponencia defendeu as cooperativas como as organizacións comerciais máis democráticas en base a dous principios: o traballador é copropietario da empresa e, polo tanto, dos medios de producción; e as decisións tómanse de maneira asamblearia: “na empresa capitalista a toma de decisións está en función do capital que aporta cada socio, na cooperativa cada persoa é un voto”, dixo. Porén, tamén recoñeceu que existen prácticas neglixentes nalgunhas cooperativas, máis propias doutro tipo de sociedades. Neste sentido, instou ós traballadores e socios a denunciar este tipo de prácticas e convidou as cooperativas que non funcionen coma tal a reconvertirse noutro tipo de sociedade.
Ruben e Pilar Duarte (Grupo Ninja)
Doutra banda, describiu o movemento cooperativo galego como “incipiente” destacando sociedades como Zocamiñoca ou Xoaniña.
Gago rematou a súa ponencia convidando ó Movemento 15-M a poñer as súas ideas en práctica e apostando por un cambio de valores no individuo: menos competitividade e máis cooperación.

4 comentarios:

  1. Estou completamente de acordo con que o modelo que deberían seguir as novas empresas é o cooperativo.

    ResponderEliminar
  2. me habeis borrado un comentario o estoy drogado?

    raúl

    ResponderEliminar
  3. Que hai da convocatoria para a concentración do día 19?

    ResponderEliminar
  4. La cooperativa más famosa de España seguramente es Eroski.

    ResponderEliminar