- O proceso para dotarnos dun novo Regulamento de Participación Cidadá (RPC) no noso Concello. O que se quere explicar neste punto é, sobre todo, os pasos seguidos para chegar á súa aprobación por parte do Pleno Municipal, así como os puntos fundamentais do RPC.
- O proceso dos Orzamentos participativos dende 2009 ata este ano. Neste punto resaltaríamos o positivo e negativo deste proceso, como se iniciou (xa que o proceso parte da cidadanía, non do Concello), a implicación dos veciños, os principios nos que se basa este proceso, o momento actual, etc.
Esperase que esta información poda servir para organizar un debate posterior sobre participación cidadá para a elaboración dos orzamentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario