Eran as 19:00 horas e na praza de Ourense estaba reunida unha gran multitude para manifestarse en contra do Pacto do Euro. Contabilizáronse máis de 6000 persoas.
A marcha pasou polos cantones, o pequeno e o grande, a praza do 15 de Maio, para seguir pola Marina, e entrar finalmente na praza de María Pita.
Hai que remarcar o feito de que a manifestación producíuse sen altercados violentos, deixando claro que o movimneto 15M é un movimento pacífico.