27/5/11

Re-Nombramento da Praza do 15 de Maio

    Cambiouse o cartel que denomina á Praza do 15 de Maio por un de maior calidade.


6 comentarios:

  1. Hai que animar a toda a clase obreira e traballora da Coruña e Comarca a que participe nos actos e accións da Acampada Coruña. A diferenza das cúpulas dos dous grandes sindicatos, vendidas con descaro ao capital, estamos loitando polo voso futuro, polo futuro de todos e todas nós.
    Esta e as outras acampadas están cumprindo co papel reivindicativo que obviaron vergoñentamente os dous grandes sindicatos. A diferenza dos sindicatos reivindicativos doutros estados europeos, que si defenderon á clase obreira nesta situación de crise. A nosa loita é a vosa.
    Decatádevos de que estamos, xunto con Grecia, Irlanda e Portugal, na peor situación económica e política de Europa, por culpa de que o Estado español entregou á banca máis de 15.000 millóns de euros, en vez de nacionalizala. O Estado español tiña moi pouca débeda pública antes desa "xenerosa" axuda económica á banca. Agora ten un defícit enorme que hai que pagar baixando soldos, despedindo, precarizando, diminuíndo as pensións, aumentando a idade de xubilación, baixando o soldo dos funcionarios, aumentando os impostos indirectos, etc. O pobo está pagando coa súa miseria o "regalo" á banca. E como o Estado necesita recuperar o diñeiro realiza reaxustes dolorosos que paga o pobo.
    Mentres os ricos non pagan polo patrimonio, as empresas pagan menos fiscalidade que no resto de Europa, os SICAV das grandes fortunas pagan o 1%, os executivos da banca e das grandes empresas teñen soldos astronómicos, etc.
    Clase obreira, desperta, que nos queren converter en novos parias e en escravos modernos. Non aceptes resignadamente a miseria. Anímate, como en Islandia, a non querer pagar coa túa vida a débeda da banca e do sistema financeiro.
    Clase obreira, únete!
    Adiante a Revolución do 15-M!

    ResponderEliminar
  2. Os dous grandes sindicatos teñen capacidade de negociación e iso fai que teñan que manexar outro tipo de responsabilidades. A presión dos especuladores sobre o mercado español e os dictados do FMI sobre o goberno obrigan a pactar reformas que, aínda que non sexa do agrado dos propios asinantes, representan unha salvaguarda de mínimos cara vindeiros ataques neoliberais. Cada un fai o seu papel: os que poden negociar tentan chegar a acordos para poñer topes ás reformas e os que non poden deben organizar o rexeite nas rúas. Pero non mesturemos cousas, o inimigo non son os sindicatos, son as políticas neoliberais. Ademais, hai que facer exame de conciencia, porque cada vez máis os propios traballadores, ao ver as orellas ao lobo por mor da crise, adícanse a facerse competencia desleal entre eles, traballando horas extra que non pasan á empresa para facerse máis imprescindíbel que o seu compañeiro. Por favor, hipocrisías non. É moi doado esperar a que os sindicatos te arranxen todo namentres tentas salvar o cu expoñendo o de outros.
    A reforma laboral non foi apoiada polos sindicatos maioritarios, convocaron folga xeral e os traballadores non a respaldaron masivamente, cando en Francia toda a xente estaba na rúa apoiando aos seus sindicatos, maioritarios ou non.
    Agora pasámoslles a eles a pelota, pero debemos ser conscientes que, pola nosa culpa e actitude nas convocatorias de folgas e manifestacións, hipotecamos a súa forza de negociación. Namentres a outra parte fala de despedimentos masivos, a parte dos traballadores só ten como ferramenta a desmobilización constante da xente nas folgas que convocan.
    Viva o movemento 15-M, pero antes de ir en contra dos sindicatos, haberíamos de facer exame de conciencia cada un de nós. Eles están da nosa parte porque os seus 3 millóns de afiliados (entre CCOO e UXT) son traballadores coma ti e coma min e son eles quen deciden aos seus representantes e estou ben certo de que moitos dos que se concentran no Obelisco son eses afiliados.
    Outros sindicatos que si se pensan reivindicativos e de eido galego aínda non lle fixeron ningunha folga xeral a Feijoo logo dos seus recortes orzamentarios a nivel xeral e en sanidade e educación en especial, ademais do maltreito persoal laboral das administracións públicas galegas. É moi doado criticar pero non o é tanto facer autocrítica.
    Ogallá o 15-M dote de maior conciencia de clase a todos e mude o noso comportamento nas empresas (que todos somos moi revolucionarios no Obelisco pero logo a maioría exercen de lamecús perante o empresario e vendendo aos seus compaleiros).
    SINDICATOS E TRABALLADORES UNIDOS FRONTE AO CAPITAL!
    TRABALLADOR, ÚNETE AO 15-M E APOIA AOS SINDICATOS!

    ResponderEliminar
  3. Quixera replicar ao Anónimo que escribiu antes, porque no seu discurso hai moitas imprecisións e faltas de verdade.
    Precisamente como eses dous sindicatos teñen capacidade de megociación non deberían asinar o que asinan acotío desde hai anos, e sobre todo nos últimos meses, indo en contra da vida e as condicións laborais da clase obreira e do futuro da mocidade.
    Un sindicato que cumpra o seu papelm ademais de negociar acordos bos para a clase obreira, debe concienciala e preparala e mobilizala para defender os seus dereitos. E non só negociar, como parece ser, que pretende ese anónimo, senón facer manifestacións e folgas. Negociar só é o que vén facendo CCOO e UGT, e o máis grave, prexudicando as condicións de vida da clase obreira e hipotecando o futuro da mocidade.
    Un sindicato verdadeiro nunca pode ceder ás presións do mercados, do FMI ou da patronal, se iso prexudica aos traballadores. Ten que ser combativo, como sempre foron os sindicatos de clase.
    Tampouco é certo que consigan mínimos, porque as condicións nas que deixan áos traballadores do Estado son das peores dos países da OCDE.
    Para informarse ben sobre o papel nefasto de CCOO e UXT recomendo ler as páxinas web "Kaosenlared", "Rebelión" e "Diário Liberdade". Nelas hai documentación abondosa sobre a súa vergoñenta actuación.
    Un dato: Fernández Toxo, líder de CCOO, declarou a Facenda en 2001 a ganancia de máis de 1 millón de euros.
    Outro dato_ Por cada ERE efectuado nunha empresa CCOO ingresa diñeiro.
    Outro máis: Millóns de euros ingresan estes dous sindicatos do Estado cada ano, e como consecuencia, compran o seu silencio para a que a súa burocracia sindical viva demasiado ben, beneficiándose, entre outras cousas, cos seguros e plans de vida que fan, e así non teren que volver nunca ao tallo co soplete.
    Non se pode ir en contra dos traballadores sindicatos a CCOO e a UGT, claro, pero si en contra das súas desvergonzadas cúpulas. Ese é o problema. O inimigo é o FMI, pero tamén os seus colaboradores, como son as cúpulas destes dous sindicatos.
    Os obreiros en xeral, pero sobre todo os afiliados a estes dous sindicatos débense enterar da realidade, de que os teñen vendidos.
    Falso que non tivera éxito a folga do 29 de setembro do ano pasado. Tivo moitísimo, máis do esperado por CCOO e UGT, que esperaban que non tivese éxito, por iso fixeron unha convocatoria a medio gas.
    Despois renunciaron totalmente a facer outras mobilizacións, a diferenza dos sindicatos portugueses, franceses,gregos, por exemplo. Ou do sindicato galego CIG.
    Exame de conciencia verdadeiramente teríano que facer con urxencia as cúpulas e os máis importantes liberados destes dous sindicatos estatais, vendidos ao capital e ao neoliberalismo, prexudicando e levando coas súas prácticas á miseria e a precariedade a millóns de traballadores.
    Esa salvaxe reforma laboral foi asinada por eles dous, como van ser outros reaxustes próximos máis duros.
    Déixense de hipocresías dicindo que apoian o Movemento do M-15, porque se este naceu é porque a propia sociedade civil se tivo que organizar para defender os seus dereitos pisoteados xa que vostedes non cumpriron coa súa obriga de facelo nin tampouco os partidos políticos. Se o M-15 naceu é porque vostedes preferiron a tranquilidade e a boa vida de formar parte do sistema.
    Para esas negociación evitaron ter a forza dos traballadores na rúa ou nas folgas.
    Menos mal que temos agora a esperanza do M-15, porque con estes dous sindicatos íamos ir ao inferno.
    Moitos dos que se concentran no Obelisco son os seus afiliados e veñen aquí a ver se pode este Movemento cumprir co papel que non quixeron exercer as cúpulas dos seus sindicatos.
    Ningún sindicato nin galego nin non galego fixo nada polo agora cos recortes da Xunta.
    Vai sendo hora que fagan una autocrítica e que se corrixan, se non queren ir perdendo toda a afiliación.
    Habería que dicierlle a esta que cambie as súas cúpulas xa ou que deixe eses sindicatos inservibles.

    ResponderEliminar
  4. (Continuación do texto anterior)
    A ver se o M-15 dota á xente da conciencia de clase á que renunciaron coas súas políticas sindicais estes dous sindicatos e que perderon por completo as súas cúpulas.
    TRABALLADORES E MOCIDADE, UNIDOS FRONTE AO CAPITAL!
    TRABALLADOR, APOIA SINDICATO DE CLASE, REIVINDICATIVO E REVOLUCIONARIO!
    TRABALLADOR E TRABALLADORA, ÚNETE XA Á REVOLUCIÓN DO M-15!

    ResponderEliminar
  5. No caso de non teren asinado o acordo das pensións agora mesmo xa estaría en marcha o seu trasvase a mans privadas (que era o que pretendía o FMI), pero grazas ao acordo conseguíuse non darlles carta branca. Precisamente non son os sindicatos os colaboradores do FMI, son a patronal e os partidos neoliberais.
    Eses mínimos que alguén dixo que non eran certos, simplemente son relativos, pois habería que medir a presión dos especuladores que non facían/fan outra cousa que crear inestabilidade nos mercados atacando á nosa Seguridade Social e Sistemas de Pensións, todo iso para tamén ter eles o control nisto. No resto de países da OCDE non teñen un sistema de sanidade e pensións públicas tan avanzado coma o noso e por iso era un pastel moito máis xugoso que acometer e foron a por el con todas as súas forzas. Se non se pactaran os mínimos terían a alfombra vermella posta aos seus pés.
    Por outra banda, os sindicatos son mantidos polos seus afiliados, os cartos que cobran do Estado son en concepto de formación para traballadores en activo ou desempregados e os seus ingresos son transparentes, ao revés que a CEOE (que recibe uns cartos semellantes no mesmo concepto pero que ninguén sabe a onde van).
    Iso de que cobran millóns por ERE non sei de onde o sacan. En todo caso son os sindicatos quen ofrecen unha cobertura incluso de balde aos seus afiliados e moito máis económica para o resto que van a avogados laboralistas privados. Esa diferenza permite a toda a xente ter un avogado preparado e ao alcance de todos e a compensan os millóns de afiliados.
    O de que non teñan que traballar é o mesmo discurso contra os liberados sindicais que ten a dereita neoliberal… e dicir que non traballan é tanto como dicir que un tipo, por facelo dende un despacho, tampouco traballa.
    A folga do 28 de setembro tivo éxito no sector de Industria e Metal, onde están as empresas con máis traballadores e onde hai maior inserción dos sindicatos de clase. Pero tamén é onde menos mocidade e recambio xeracional existe e iso conseguíu que a maioría da xuventude, os máis precarios, foran a traballar para ter contento ao seu empresario e marcar cunha X a cabeza do compañeiro que fixo folga. Tamén fixo que o comercio abrira case totalmente, facendo invisíbel, sobre todo pola tarde, a folga xeral para o resto da cidadanía. A folga xeral amosou unha clase traballadora que pensou en traballar para non estar eles no seguinte ERE.
    Por outra banda, dicir que CCOO e UXT asinaron a reforma laboral…. Vamos, iso si que é faltar a verdade!
    A convocatoria a “medio gas” é un ataque completamente inxustificado. Pois fixeron campañas de todo tipo por centros de traballo, Internet (aínda que aquí están moi verdes, a maioría dos que traballan en sindicatos son xente maior), mediáticas (o tour de Toxo e Mendez por todas as cidades importantes), innumerábeis folgas de delegados previas por todo o país, etc.
    En ningún momento deixaron de facer mobilizacións por todo o Estado. De feito, fixéronse varias convocatorias en sábado (xa de cara á reforma das pensións) e a asistencia da xente foi practicamente nula, quedando en manifestacións de delegados.

    ResponderEliminar
  6. A CIG non fixo tantas mobilizacións e a súa folga xeral era unha estratexia electoralista, pois tamén queren ter representación nos comités de empresa. Fríamente, esa folga supuña unha desmobilización e explico por que: o 27 de xaneiro era o último día de negociacións entre os chamados axentes sociais e, como é obvio, a convocatoria estaba feita de antes. Ademais de supoñer unha delixitimación prematura dos sindicatos que levaban as negociacións (xente que non asinara a reforma laboral coa patronal nas anteriores e primeiras negociacións en tempo de crise… por que desacreditalos?). No caso de que non se chegase acordo, anunciárase unha nova folga xeral e que tería suposto a folga xeral anticipada da CIG? Que os traballadores comprometidos galegos terían que perder dous días de salario na vez dun ademais do seu esgotamento e frustración. Estaban desmobilizando aos traballadores galegos de cara a unha vindeira folga xeral a nivel estatal, que é a que realmente vale porque estas cousas decídense a ese nivel. A folga do 27-X non tivo eco mediático nin pretensións estatais.
    De todos os xeitos, non vou a atacar á CIG, pois é un sindicato ao que respecto, pero que penso demasiado enfocados á súa imaxe revolucionaria e non ás solucións reais dos problemas laborais.
    O que pasa é que, en épocas de bonanza económica e sobre todo pola banda da xuventude, a xente tiña certa tranquilidade laboral e económica grazas aos convenios sectoriais que os sindicatos negociaron non sin dificultades. Logo mesturouse a identidade dos sindicatos con partidos políticos e, sobre todo a xuventude, nesa idea falsa de “libre pensadores”, afastáronse deles por así sentírense máis ceibos e menos manipulados.
    O 15-M está a recoller a toda esa xente que antes estaban totalmente en silencio e contentos co seu ropeiro cheo e o seu segundo domicilio e coche, contentísimos de estaren explotados polos bancos con hipotecas e préstamos ao consumo que semellaban condeas. É xusto por iso porque ao apoio o 15-M totalmente, ese labor é completamente necesario e nunca é loubo á xente que saíu do seu letargo (nunca é tarde).
    Pero buscar culpábeis en organizacións de traballadores que tentaron mobilizar antes do 15 de maio, que tentaron frear unha reforma laboral, que enriba tiñan que lidiar cunha campaña atroz de descrédito… non o vexo ben.

    ResponderEliminar