Tra-la lectura dun comunicado de Acampada Coruña solidarizándose cos compañeiros de Barcelona, emotivo e cunha gran forza, deuse paso á intervención de Alfonso (ex-director dunha sucursal bancaria) e María (en nome de ADICAE), que aclararon moitos conceptos acerca dos abusos da Banca e as Hipotecas fraudulentas, un dos temasque máis indignación xeran dende fai tempo.
Discurso de Alfonso |
Quero realizar un chamamento a toda a todos os estudantes universitarios e de secundaria, a toda a mocidade traballadora e precarizada, a toda a mocidade desempregada da Coruña e da Comarca, a todos os mozos e mozas que están a piques de emigrar, que se sumen á Acampada Coruña e que participen nas súas accións futuras.
ResponderEliminarTede en conta que ESTAMOS LOITANDO POLO NOSO FUTURO, por non acabar sendo uns parias, que é onde nos leva o sistema político-económico español. SE NÓS NON NOS DEFENDEMOS E LOITAMOS POLA NOSA VIDA E FUTURO NINGUÉN O VAI FACER POR NÓS.
Non podemos parar até conseguir o que queremos: dereitos e vida digna.
Os pais e nais máis concienciados deberían animar aos seus fillos e fillas a que participen nesta xigantesca mobilización popular.
Se hai algún intento de desaloxarnos da Praza 15-M (antigo Obelisco) tendes que reaccionar rápido e axudarnos, e facer manifestacións pacíficas en varios lugares da cidade até regresar e volver tomar todos e todas a Praza 15-M.
O futuro é da mocidade!
Adiante a Revolución do 15-M!