27/5/11

Carga Policial en Barcelona

Alexandro Lacadena

27 de maio de 2011 - Os Mossos d'Esquadra e a Guàrdia Urbana dexalouxaron esta mañá a Acampada dos INDIGNADOS da Praza de Catalunia mediante a forza.
Agora constátase como a operación policial servíu de claro efecto chamada, pois xa son miles as persoas que se concentran no corazón da capital catalana, e fan mención vía Twitter, da necesidade de materiais para reconstruir o campamento, e comida.
A operación iniciouse na capital catalana as 6.45 horas e so foi tranquila nos seus primeros compases. A actitude dos manifestantes que levaban congregados no epicentro os últimos 12 días así o permitía.
A dureza das cargas foi moi notoria e veu acompañada do lanzamento de pelotas de goma, xerándose así picos de tensión e gran número de lesionados. Pretendía ser un desaloxo tranquilo por mor da "hixiene", pero convertéuse nunha sucesión de duras cargas. A acción policial para permitir a limpeza do campamento dos 'indignados' da praza Catalunia por parte dos Mossos d'Esquadra e da Guardia Urbana provocou dous detidos e 42 manifestantes e un axente ferido -tras ser rociado cun aerosol de autodefensa nos ollos-. Cinco foron trasladados a centros hospitalarios, pero o seu estado non reviste gravedade. En Lerida, onde tamén producíuse o desaloxo dos acampados, outras dúas personas foron detidas.
Nas redes sociais os acampados xa piden a dimisión de Puig ao frente de Interior.

http://vimeo.com/24312609 (enlace con vídeo do desaloxo)